miércoles, 20 de enero de 2010

Educación indíxena no Ecuador

En Saraguro, na provincia de Loja, no sur de Ecuador, fronteiriza con Perú, desenvólvese un programa educativo no que os nenos indíxenas, que superan o 90% do total, poden realizar os seus estudos nun sistema educativo especial, mantendo os seus principios culturais. Poden estudar tanto en español coma en kichwa, permítindoselles conservar as súas raíces. A pesar de que isto é considerado un avance social polo novo goberno de Correa, e tamén polos pais, en realidade réstalles oportunidades, pois están nun sistema que non lles permite dispor de tantas oportunidades de acceder ós estudos superiores como a aqueles nenos que se escolarizan no sistema educativo "normal".